Augusto de Prima Porta | |
---|---|
![]() | |
Tipo | estatua ![]() |
Epónimo | Prima Porta (en) ![]() ![]() ![]() |
Cultura | cultura da Roma Antiga ![]() |
Temática | |
Representa a | contrapposto, field sign (en) ![]() ![]() ![]() ![]() ![]() |
Datas | |
Data de creación | 20 a. C. |
Período | Imperio Romano e antigüidade clásica ![]() |
Dimensións | |
Altura | 217 cm, 207 cm e 12 cm ![]() |
Anchura | 130 cm ![]() |
Lonxitude | 97 cm e 85 cm ![]() |
Localización | |
Localización | Museos Vaticanos ![]() |
Colección | Museos Vaticanos ![]() |
Acontecementos | |
20 de abril de 1863 | descuberta ![]() |
Contacto | |
Páxina WEB | museivaticani.va… ![]() |
[ Wikidata ] |
Augusto de Prima Porta (en italiano: Augusto di Prima Porta) é unha escultura de vulto redondo en mármore que representa a Octavio o primeiro emperador do Imperio Romano. É unha estatua realizada en mármore de 2,08 metros de altura e 1000 kg de peso.
A estatua descubriuse o 20 de abril de 1863 durante unhas escavacións arqueolóxicas dirixidas por Giuseppe Gagliardi na denominada Vila de Livia, denominación das posesións de Livia Drusila -a terceira e derradeira esposa de Augusto- en Prima Porta, onde esta se retirou após a morte do seu marido no 14. A apareceu mencionada por vez primeira da man do arqueólogo alemán G. Henzen no Bulletino dell'Instituto di Corrispondenza Archaeologica (Roma 1863).[1]
Esculpida por expertos escultores gregos, suponse que a estatua foi unha copia dun orixinal de bronce exhibido en Roma e que está perdido. O Augusto de Prima Porta está agora exposto no Braccio Nuovo (Brazo Novo) dos Museos Vaticanos. Desde o seu descubrimento, converteuse no retrato de Augusto máis coñecido e nunha das esculturas máis famosas do mundo antigo.